A Deputación de Lugo celebrará o 3 de decembro o acendido das luces de Nadal

LugoXa
O mandatario provincial convida á veciñanza a participar neste evento festivo e familiar, “que ofrecerá unha xornada chea de maxia, creatividade e espírito navideño”
Deputación-de-Lugo
23 Nov 2024

A Deputación de Lugo celebrará o próximo 3 de decembro o acendido das luces de Nadal na súa sede do Pazo de San Marcos cun programa de actividades abertas á cidadanía, e pensadas para toda a familia.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, será o encargado de prender as luces da fachada do Pazo de San Marcos, no acto central que terá lugar ás 19.15 horas da tarde.

O mandatario provincial convida á veciñanza a participar neste evento festivo e familiar, “que ofrecerá unha xornada chea de maxia, creatividade e espírito navideño”.

Antes do acendido das luces, a Deputación de Lugo organizará o obradoiro gratuíto 'O Nadal na Deputación', no que os asistentes poderán elaborar adornos tradicionais de Nadal a partir de materiais reciclados. A actividade está dirixida a persoas de todas as idades, pero os menores deberán estar acompañados dun adulto en todo momento. O obradoiro conta cun aforo limitado a 125 prazas.

Paralelamente, ás 17.30 horas, o coñecido grupo infantil Os Bolechasofrecerá un espectáculo pensado para entreter a toda a familia, con especial atención aos máis pequenos e pequenas. Esta actividade terá acceso libre e permitirá desfrutar dunha tarde de Nadal chea de diversión e música. As actividades desenvolveranse na Praza de San Marcos, fronte á sede da Deputación de Lugo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18823409080505