A Deputación de Lugo colabora coa organización das festas do Santiago de Castroverde

LugoXa
A deputada da Cultura, Iria Castro, reuniuse coa comisión organizadora, que ultima os preparativos para catro xornadas do 24 ao 27 de xullo
festas-Castroverde
22 Xul 2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa organización das festas do Santiago de Castroverde, que se celebran do 24 ao 27 de xullo.

A deputada da Cultura, Iria Castro, reuniuse coa comisión organizadora, que ultima os preparativos para catro xornadas de verbenas, musica tradicional, xogos infantís e actividade deportiva.

Iria Castro valorou “a dedicación das persoas que forman parte da comisión, que fan posible a celebración das festas, un espazo de encontro que reforza os lazos entre a veciñanza” e encadrou a colaboración “no apoio que a área de Cultura proporciona ao tecido asociativo, poñendo á súa disposición distintas programacións dirixidas a impulsar a presenza da música tradicional, da animación de rúa e da música en galego en citas festivas e culturais por todas as comarcas”.

A comisión apostou este ano por reforzar a visibilidade do tecido económico que colabora na organización das festas, coa edición dun “libriño” que recolle o programa, entrevistas a veciñxs e un calendario de festas patronais das parroquias do concello.

0.22811388969421