A Deputación de Lugo colabora con Negueira de Muñiz na compra dunha auto formigoneira

O investimento de 145.411,75 euros permitirá ao municipio aforrar custes e mellorar a eficiencia nas obras de mantemento
alcalde-Negueira-de-Muñiz-con-presidente-Deputacion
3 Oct 2025

A Deputación de Lugo colaborará co Concello de Negueira de Muñiz con 145.411,75 euros para a adquisición dunha auto formigoneira autocargable.

Segundo destacou a voceira socialista, Pilar García Porto, trátase dun vehículo moi versátil e de grande utilidade nun municipio rural cunha extensa rede de infraestruturas, xa que permitirá fabricar formigón con medios propios para levar a cabo obras de mantemento en vías municipais, pequenas actuacións hidráulicas ou cimentacións para equipamentos.

O obxectivo desta inversión é que o Concello de Negueira de Muñiz poida aforrar custes e gañar en eficiencia na execución das pequenas obras de mantemento, optimizando recursos e reforzando a capacidade de intervención propia no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.24934697151184