A Deputación de Lugo e o Breogán visibilizan a importancia da doazón de sangue
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Río Breogán colaboran un ano máis coa Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) na promoción da doazón. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o director xeral do CB Breogán Tito Díaz e a directora de ADOS Marisa López presentaron este mediodía a campaña, que se ven repetindo desde 2017 e que busca sensibilizar sobre a importancia deste acto altruísta que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.
Tras o acto, Efrén Castro e a deputada de Cultura Iria Castro achegáronse a unidade móbil para doar sangue. A iniciativa, incluída no marco do contrato de patrocinio entre a área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o CB Breogán concretará en accións de comunicación nas redes sociais do club e nos espazos publicitarios do Pazo dos Deportes no partido deste domingo ante Tenerife.
Ademais, as primeiras 50 persoas que se acheguen a doar sangue á Unidade Móbil instalada no fondo da Praza Maior de Lugo a partir desta tarde ás 15.30 horas e durante a xornada de mañá venres recibirán como agasallo entradas para o encontro ante Morabanc Andorra -o vindeiro 10 de maio-.