A Deputación de Lugo investirá 225.786 euros en melloras na LU-P-1901 entre A Fonsagrada e Navia de Suarna

A Deputación de Lugo vén de adxudicar á empresa Ovisa Pavimentos y Obras SLU un contrato por valor de 225.786 euros para executar obras de mellora en dous tramos da estrada LU-P-1901, que une as localidades da Montaña de A Fonsagrada e Navia de Suarna.
As intervencións centraránse nun primeiro tramo de preto de dous quilómetros situado entre Santiso e Lamas, ao sur do Concello da Fonsagrada, desde o punto quilométrico 4,360 ao 6,430. O segundo tramo, de case tres quilómetros, atópase na zona de Queizán, ao sur de Navia de Suarna, entre os puntos quilométricos 22,600 e 25,312.
Os traballos consistirán na reapertura das cunetas, a mellora da drenaxe, a reposición do firme mediante aglomerado en quente e a reposición da sinalización da vía. O prazo para completar as obras será de tres meses desde o inicio dos traballos, segundo informou a Deputación.