A Deputación de Lugo inviste en melloras viarias en Palas de Rei e A Fonsagrada

LugoXa
Arranxaranse un tramo urbano da LU-P-2901 e accesos a núcleos rurais para garantir a conservación e seguridade das estradas
Estrada LU-P-2901 Guntin
21 Nov 2025

A Deputación de Lugo adxudicou 83.986 euros para o acondicionamento dun tramo urbano da LU-P-2901 en Palas de Rei. Os traballos, a cargo da empresa Francisco Gómez y Cía SL, permitirán arranxar 816 metros desde o cruce coa N-547 ata o final da rúa Agro do Rolo, mellorando a drenaxe, o afirmado e a sinalización. As obras teñen un prazo de execución de mes e medio.

Esta actuación forma parte dun convenio entre a Deputación e o Concello de Palas de Rei, que tamén inclúe a cesión do treito en cuestión. A voceira da Deputación destacou que, ademais destas melloras puntuais, se investe de forma continuada na conservación da rede provincial, adxudicando por 1.024.321,86 euros o contrato de mantemento da zona 6, que abarca os concellos de Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, con duración de dous anos prorrogables.

Ademais, a Deputación investirá 49.983,39 euros na Fonsagrada para mellorar os accesos aos núcleos de Goxe e O Mido, claves polas numerosas parcelas de explotación agraria e forestal.

⚙ Configurar cookies
0.073561191558838