Licitada a iluminación de Nadal da fachada do Pazo de San Marcos de Lugo

LugoXa
O contrato, cun orzamento de máis de 15.000 euros, terá un ano de duración e inclúe instalación, mantemento e almacenamento dos adornos
Pazo-San-Marcos-Lugo
4 Oct 2025

A Deputación de Lugo vén de licitar a contratación da iluminación de Nadal da fachada do Pazo de San Marcos cun orzamento de 15.294,39 euros e cun contrato que terá unha duración dun ano.

O proxecto abrangue a subministración, instalación, conexión, mantemento, desmontaxe e almacenamento mediante arrendamento dos elementos decorativos que iluminarán a sede provincial situada na praza de San Marcos durante as festas.

Segundo explicou a deputada Pilar García Porto, a iniciativa pretende dar continuidade ao que se veu realizando nos últimos anos, coa intención de contribuír á decoración dunha das prazas máis emblemáticas do centro da cidade.

A responsable provincial salientou que este tipo de iluminación e adornos de Nadal serven tamén para dinamizar a economía local, xa que animan ao consumo e favorecen que máis persoas se acheguen ás rúas durante os días de frío.

⚙ Configurar cookies
0.13163805007935