A Deputación de Lugo licita a instalación dun videomarcador no Pazo dos Deportes

LugoXa
Paralelamente, continúan as obras de rehabilitación integral da cuberta do Pazo, que comezaron en maio e supoñen un investimento de 600.000 euros
videomarcador-Pazo-dos-Deportes-Lugo
13 Jun 2025

A Deputación de Lugo anunciou a licitación do contrato para a subministración e instalación dun videomarcador no Pazo dos Deportes, cun orzamento base de 267.000 euros.

O vicepresidente provincial, Efrén Castro, explicou que a Xunta de Goberno aprobou os pregos de licitación, onde se detallan as dimensións mínimas do equipamento, que terá 525 centímetros por 225 centímetros nas caras principais e 225 por 225 nas cadradas, cunha superficie gráfica mínima de 10 metros cadrados.

Ademais, o peso máximo permitido para a estrutura e elementos accesorios estará limitado a 2.400 quilos, segundo o estudo de carga da cuberta realizado para a instalación. O videomarcador instalarase no centro da pista, coa distribución de peso planificada para non afectar á cuberta. O prazo para a execución do contrato será de 30 días desde a formalización.

Paralelamente, continúan as obras de rehabilitación integral da cuberta do Pazo, que comezaron en maio e supoñen un investimento de 600.000 euros.

Esta intervención contempla a impermeabilización dos 8.500 metros cadrados da superficie coa aplicación dunha membrana de poliurea, así como melloras na rede de evacuación de augas pluviais, impermeabilizando canles, renovando entronques e aumentando o número de baixantes e aliviadoiros.

O obxectivo é dar unha solución definitiva ás filtracións localizadas nalgúns puntos das bancadas, especialmente durante episodios de choiva intensa, para mellorar as condicións do recinto tanto para deportistas como para público.

⚙ Configurar cookies
0.18293404579163