A Deputación de Lugo mellorará 800 metros da LU-P-2901, que conecta Palas de Rei con Lugo

LugoXa
“Nas vindeiras semanas licitaremos os traballos de arranxo deste tramo da vía cun investimento de 94.774 euros”, din desde a Deputación de Lugo
lu-p-2901
18 May 2025

A Deputación de Lugo deu luz verde a un convenio co Concello de Palas de Rei para o arranxo e cesión de 800 metros da LU-P-2901, que conecta este municipio con Lugo.

Trátase, en concreto, do último tramo da vía, nos algo máis de 800 metros que percorren o núcleo urbano de Palas de Rei, desde o cruce coa N-547 ata o final da ría Agro do Rolo, desde o quilómetro 35,180 ao 35,996.

“Nas vindeiras semanas licitaremos os traballos de arranxo deste tramo da vía cun investimento de 94.774 euros”, avanzou o deputado Rivera Capón, quen detallou que as obras consistirán na mellora da drenaxe, afirmado e a sinalización.

⚙ Configurar cookies
0.21318197250366