A Deputación de Lugo reforza o apoio ao Ensino para participar na Copa da Raíña

LugoXa
O equipo lucense xogará en Tarragona do 26 ao 29 de marzo, acompañado tamén polo seu infantil feminino na Minicopa
Ensino-Lugo-Deputación
18 Mar 2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reforzará o apoio ao Ensino Lugo cunha achega extraordinaria para colaborar nos gastos relacionados coa participación na Copa da Raíña, que se xogará do 26 ao 29 de marzo en Tarragona.

O equipo lucense logrou a clasificación para a competición copeira como sexto mellor equipo da primeira volta da Liga Endesa, volvendo á Copa cinco tempadas despois da súa última participación na temporada 2020-2021. No torneo disputará o título con Casademont Zaragoza, IDK Euskotren, Valencia Basket, Leganés, Jairis, Girona e Avenida.

Na delegación ensinista estará tamén o equipo infantil feminino de Liga Galega, que xogará a Minicopa, unha competición paralela á senior na que participan os conxuntos infantís dos oito equipos finalistas do torneo.

O vicepresidente Efrén Castro trasladou o apoio da institución provincial ao Ensino nun acto cos dous equipos, no que se puxo de manifesto a aposta do club por unha estrutura sólida de categorías de base.

A axuda para a participación na Copa súmase á subvención anual de 140.000 euros para gastos ordinarios da actividade competitiva coa que conta o club.

0.12343597412109