A Deputación de Lugo súmase á visibilización da fibromialxia e a fatiga crónica

LugoXa
O deputado de Formación, Ensino, Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, visitou este venres a mesa informativa e de cuestación que instalou na entrada do Pazo de San Marcos a Asociación de Fibromialxia de Lugo (ALUFI).
deputacion_alufi
11 Maio 2024

O deputado de Formación, Ensino, Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, visitou este venres a mesa informativa e de cuestación que instalou na entrada do Pazo de San Marcos a Asociación de Fibromialxia de Lugo (ALUFI). A institución provincial súmase a este iniciativa de visibilización desta doenza coincidindo co Día Mundial da Fibromialxia e Fatiga Crónica, que se conmemora este domingo.

Esta é unha doenza que afecta de xeito maioritario ás mulleres, xa que constitúen o 95 % das persoas que a padecen. A Deputación colabora con esta entidade cunha achega de 3.000 euros que se destina á organización de actividades que ALUFI realiza ao longo de todo o ano: obradoiros de memoria e relaxación, manualidades, terapia bascular, ximnasia de recuperación ou xornadas e charlas informativas dirixidas a persoas afectadas por esta enfermidade.

0.18561697006226