A Deputación e a Federación veciñal de Lugo dinamizarán o tecido empresarial feminino do rural

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar no Pazo de San Marcos co presidente da Federación de Asociación de Veciños Lucus Augusti, Jesús Vázquez Varela, un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial achega ao colectivo 12.
convenio-Asociación-de-Veciños
6 Xul 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar no Pazo de San Marcos co presidente da Federación de Asociación de Veciños Lucus Augusti, Jesús Vázquez Varela, un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial achega ao colectivo 12.000 euros para o desenvolvemento dun programa de dinamización do tecido empresarial feminino no rural.

Rompendo mitos é un programa deseñado co obxectivo de rachar a brecha de xénero en materia de emprego e emprendemento fomentando a participación da muller nas diferentes facetas laborais e profesionais mediante o desenvolvemento de xornadas, talleres e charlas ao longo deste ano 2024.

Concretamente, a Federación organizará xornadas sobre emprendemento feminino nas que se entrevistará a diferentes mulleres que lideran empresas no rural da provincia, para que compartan as súas experiencias e as dificultades que encontraron polo camiño. Tamén se levarán a cabo talleres de empoderamento dixital; e charlas e coloquios sobre mitos e estereotipos femininos no traballo que se desenvolverán por todo o territorio.

A achega da Deputación supón preto do 95 % do financiamento necesario para levar a cabo esta iniciativa que pretende fomentar a igualdade efectiva das mulleres que viven no rural, promover a súa inserción laboral, como mecanismo clave de dinamización económica e para darlle visibilidade os éxitos empresariais encabezados por mulleres.

0.2041699886322