A Deputación e o Concello de Castroverde investirán preto de 600.000 euros en melloras de vías

LugoXa
O plan inclúe a pavimentación de catorce accesos, actuacións en camiños agrícolas e a ampliación da rede de abastecemento de auga ata Covelas
estrada-castroverde
18 Jul 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un acordo de colaboración co Concello de Castroverde por un importe de case 300.000 euros, co obxectivo de acometer melloras en vías, accesos locais e servizos públicos básicos no municipio. O Concello asumirá o resto do investimento ata completar preto de 600.000 euros en total, destinados á execución de seis actuacións principais.

Segundo explicou a voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, levarase a cabo a rexeneración do firme asfáltico en 14 accesos de estradas locais que dan servizo a diferentes núcleos das parroquias de Bolaño, Vilabade, Riomol, Masoucos, Pumarega, Furís de Abaixo, Porcín, Páramo, San Paio de Arcos, Moreira e Montecubeiro. Ademais, mellorarase a pavimentación noutras zonas como O Couso, Espasande, O Latadal, Outeiro, San Paio e Moreira, co obxectivo de incrementar a seguridade e facilitar a evacuación de augas pluviais.

O proxecto tamén inclúe actuacións no acceso entre Furís de Arriba e O Latadal, así como nos núcleos de Tórdea, Espasande, Outeiro e San Xuliana. A maiores, investiranse fondos na mellora do acceso a Miranda e na recuperación dun espazo próximo a unha fonte protexida. A intervención completarase coa mellora do camiño agrícola da Valiña, en Montecubeiro, e coa ampliación da rede municipal de abastecemento de auga ata o núcleo de Covelas.

⚙ Configurar cookies
0.13151407241821