A Deputación e os usuarios dos hortos urbanos do Rato mativeron hoxe un encontro
A Deputación de Lugo organizou hixe un encontro cos usuarios e usuarias dos hortos urbanos propiedade da institución provincial do Paseo do Río Rato. A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, participaron nesta xuntanza na que unhas 80 persoas saborearon os produtos colleitados por eles mesmos nestes espazos.
Este é o segundo ano que se realiza esta iniciativa, coa que a Deputación pretende reforzar os lazos entre os beneficiarios destas parcelas cunha actividade social e de lecer que fomenta o interese pola agricultura ecolóxica e o medio ambiente. O Deputado de Medio Ambiente valorou moi positivamente esta actividade, que xa contou con moito éxito o ano pasado. Incidiu en que “vemos un gran interese por cultivar estes hortos e sentir o reconforto de recoller as legumes ou hortalizas plantadas para o autoconsumo”.
Apuntou Raposo que “os nosos hortos son tamén un lugar de encontro con veciños e veciñas con intereses semellantes e permiten ás persoas desconectar do seu día a día facendo unha Despois do xantar, os deputados distinguiron aos usuarios e usuarias dos seis hortos en mellor estado con diferentes premios, consistentes en lotes de produtos e ferramentas de utilidade para a conservación e desfrute destes espazos. Tamén se entregaron 17 lotes de viño ecolóxico e sidra para os asistentes da formación que ten lugar cada xoves e onde os beneficiarios das parcelas aprenden diferentes cuestións sobre o coidado e mantemento dos terreos. Finalmente tivo lugar un sorteo dun queixo de cabra e un xamón entre os participantes
nesta comida.
A institución provincial ten adxudicadas 141 parcelas das 150 que hai neste entorno e o pasado venres abriu o proceso para poder entregar as 9 restantes. Os terreos, de 30ms 2 cada un, foron concedidos a través dun proceso de competencia competitiva no que se primaron criterios sociais, como estar en situación de desemprego, ser representante dun centro educativo ou traballar para un colectivo social.
A Deputación de Lugo conta con 150 no Paseo do Rato, tras a remodelación integral destes terreos públicos. Esta mellora supuxo un investimento de reto de 80.000 euros, co que se instalou un sistema de rega que dá acceso á auga dende todas as parcelas, composteiros para traballos de autoabastecemento ou a mellora do firme da terra e os accesos. A estas melloras sumouse tamén a instalación de peches perimetrais de madeira e os traballos de roza e poda, realizando melloras silvícolas para propiciar o máis óptimo rendemento da terra. Tamén se habilitaron zonas de cultivo específicas para escolares e para persoas con mobilidade reducida, instaláronse paneis informativos e incorporouse mobiliario urbano, como mesas e bancos.