A Deputación financiará o Circo Romano do Arde Lucus

LugoXa
A Deputación aprobou hoxe a colaboración co Concello de Lugo na festa do Arde Lucus para a representación do circo romano
Pilar Garcia Porto
27 Maio 2022

Pilar García Porto, voceira socialista do Goberno Provincial, informou hoxe de que a Xunta de Goberno da Deputación, aprobou un convenio de colaboración co Concello de Lugo para a celebración do Arde Lvcvs.

A Deputación achega 28.000 euros para a celebración destas festas que irán destinados á representación do circo romano.

García Porto destacou que a institución provincial mantén “un compromiso de colaboración importante coa celebración desta cita coa historia romano castrexa de Lugo, que este ano recupera todo o seu esplendor, e polo tanto tamén, toda a súa capacidade como revulsivo económico para a cidade”.

NATALICIO

E é que este sábado comeza a conta atrás para o arranque da do Arde LucusA alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convidou hoxe á cidadanía a participar nas festas pero tamén no primeiro dos eventos, convocado para mañá, sábado, co que se oficializa a proximidade das celebracións: o Natalicio.

Un acto, organizado por dez asociacións do Arde Lucus que será o prólogo da recreación histórica da cidade e coa que o Concello quere rememorar a orde que o emperador Octavio Augusto deu para construír as cidades de Lucus Augusti, Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), irmandadas dende 1986.

0.24544715881348