A Deputación impulsa o máster Dirección de Persoas Paulo Fabio con 12.000 euros

LugoXa
A Deputación de Lugo renova o acordo coa Fundación Campus Universitario de Lugo a través do que a institución provincial achega 12.000 euros.
10 Ago 2021

A Deputación de Lugo renova o acordo coa Fundación Campus Universitario de Lugo a través do que a institución provincial achega 12.000 euros para o financiamento dos gastos derivados dunha nova edición do máster en Dirección de Persoas Paulo Fabio.

O encontro realizouse no pazo de San Marcos e participou o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o secretario da Fundación Campus Universitario de Lugo, Jaime Luis López Vázquez.

José Tomé sinalou que “esta axuda enmárcase no compromiso da institución provincial coa educación, porque cremos que a educación é o mellor investimento de futuro. Seguiremos na nosa liña de promover Lugo como un destino universitario”.

Este máster Paulo Fabio realízase na Escola de Relacións Laborais e trátase dunha formación para dotar ao alumnado das competencias en Dirección de Recursos Humanos, dirixida especialmente a titulados universitarios e alumnos matriculados en 3º Grado que queiran completar os seus estudos.

O ciclo, que se desenvolverá entre o vindeiro mes de outubro e maio de 2022, conta con dúas modalidades, semipresencial ou online. O prazo de matrícula estará aberto entre o 1 e o 30 de setembro e a presentación de solicitudes pode facerse na secretaría da Escola de Relacións Laborais ou na ligazón: https://relacioneslaboraleslugo.com/es/master-en-direccion-de-personas-paulo-fabio/

0.18986392021179