A Deputación inicia as obras de ampliación da estrada que une Doiras e O Piornedo
A Deputación de Lugo comezará o vindeiro luns, 13 de setembro, a executar as obras de mellora da estrada LU-P-1401, que une Doiras e O Piornedo, no concello de Cervantes, un proxecto ao que a institución dedica un investimento de case 156.000€ e que consiste na ampliación da plataforma en oito puntos da vía para eliminar e mellorar as curvas máis cerradas entre os quilómetros 12,060 e 19,100, o que aumentará a comodidade e a seguridade dos usuarios.
Os traballos executaranse en concreto nos puntos quilométricos 12,060; 13,150; 13,700; 16,700; 17,100; 17,800; 17,950 e 19,100. Inclúen movementos de terras contidos e localizados para ampliar a plataforma existente, drenaxe, e afirmado e pavimentación con aglomerado en quente.
As obras obrigan a cortar a estrada a partir do luns e durante un mes, prazo no que estarán habilitados e sinalizados os desvíos de tráfico necesarios. Este corte afectará á conexión con dúas estradas principais da zona, a LU-P-0702, de Cervantes a Degrada, e a LU-P-3505, de Navia ó Piornedo e ao límite da provincia. A alternativa de bypass para poder conectalas é dende Sete Carballos (na LU-P-0702) a Vilaquinte (na LU-P-3505), pasando por Quindóus (circulando por LU-P-1412, LU-P-1409 e LU-P-1402). No entorno da obra, dentro da propia LU-P-1401 (Campa da Braña e Vilarello), indicaranse cun cartel os puntos quilométricos nos que está o corte, en lugares donde sexa posible dar a volta, para o caso de condutores que accedan á vía. Máis cerca das curvas cortarase físicamente a calzada, indicando o corte e a dirección prohibida.