A Deputación inicia as obras de reparación de danos do cinto comarcal á altura do Corgo

LugoXa
A Deputación de Lugo iniciou esta semana as obras no cinto comarcal á altura da parroquia de San Pedro de Cerceda, no concello do Corgo, para arranxar os danos dos últimos temporais, pouco máis de dez días despois de producirse.
obras cinco comarcal o corgo deputacion
23 Nov 2023

A Deputación de Lugo iniciou esta semana as obras no cinto comarcal á altura da parroquia de San Pedro de Cerceda, no concello do Corgo, para arranxar os danos dos últimos temporais, pouco máis de dez días despois de producirse.

A institución inviste preto de 83.000€ para acometer os traballos de emerxencia, necesarios tralo afundimento da vía no punto quilométrico 12,450, o que obrigou a cortar o tráfico e habilitar desvíos alternativos, que están debidamente sinalizados.

As obras consisten na substitución do actual sistema de drenaxe por un marco de formigón prefabricado de sección rectangular de 3x2 metros cadrados deixando soterrado 25cm da cara superior do pavimento, dando así unha maior capacidade de drenaxe co fin de restablecer a circulación coas mellores garantías e condicións de seguridade. Posteriormente, procederase ao acondicionamento da pavimentación do firme, e á reposición da sinalización e implantación do sistema de contención.

A Deputación está a acometer as tarefas en base aos requisitos e en plena coordinación coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Así mesmo, na execución dos mesmos estase a adoitar en todo o momento as medidas precisas para evitar a contaminación das augas. O prazo de execución é de dous meses, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

0.18267679214478