A Deputación organiza novas actividades divulgativas en tres concellos dos Ancares
A Deputación de Lugo lanza unha nova programación de actividades de divulgación e de educación ambiental sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá, un territorio xestionado pola propia institución provincial. As xornadas, que arrancan en outubro, levaranse a cabo durante os meses de outubro, novembro e decembro nos concellos de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá, que son os que integran esta Reserva.
Todas aquelas persoas interesadas en anotarse para participar nalgunha das actividades poderán reservar a súa praza a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacion.org. Para obter máis información poden chamar ao teléfono 982.227.813. As inscricións faranse por rigorosa orde de reserva, e ata completar o aforo permitido en cada instalación segundo permitan as autoridades sanitarias.
PROGRAMACIÓN
O programa está dirixido a todos os públicos e inclúe cursos de micoloxía, rutas para coñecer a contorna, cursos de comercio online para comercializar os produtos de proximidade e obradoiros de cociña de Nadal.
Becerreá
- 16 de outubro: Curso de micoloxía. Esta actividade está dirixida a público familiar e desenvolverase no Centro Social de Becerreá de 10:00h a 14:00h. 10 prazas. Teléfono para inscricións: 982.360.704.
- 27, 28 e 29 de decembro: Obradoiro de cociña de Nadal. Esta é unha actividade orientada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, e que se desenvolverá no Centro Social de Becerreá en horario de 10.00h a 14.00h. 10 prazas dispoñibles. Teléfono para inscricións: 982.360.704.
Navia de Suarna
- 9 de outubro: Curso de micoloxía. Esta formación en micoloxía está pensada para o público adulto. Farase na Proba de Navia en horario de 10.00h e 14.00h. 10 prazas dispoñibles. Teléfono para inscricións: 982.365.166.
- 20 de novembro: Roteiro de outono: descubrir Navia. Esta acción está pensada para público familiar, tanto para nenos e nenas como para adultos. Farase en horario de 11.00h. a 18.00h. 20 prazas dispoñibles. Teléfono para inscricións: 664.333.496.
Cervantes
- 24 de outubro: Curso de micoloxía. Organízase un curso de micoloxía na Antiga Escola de Piornedo dirixido a público adulto. Impartirase en horario de 10:00h. a 14:00h. 10 prazas dispoñibles. Teléfono para realizar a inscrición: 659.523.911.
- 27 de novembro: Curso de comercio online: produtos de proximidade. Esta acción formativa está dirixida a público adulto e impartirase no Edificio de Servizos Múltiples de San Román. 10 prazas dispoñibles. Teléfono para as inscricións: 982.360.704.