A Deputación participou na 30 Gala do Deporte da Milagrosa

LugoXa
La Diputación participó en la 30 Gala del Deporte de la Milagrosa que reconoce anualmente a deportistas y clubs de la provincia de Lugo.
gala deporte milagrosa
11 Dec 2021

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na Gala do Deporte da Milagrosa coa que a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais deste barrio lucense recoñece anualmente a deportistas e clubs da provincia de Lugo polo seu traballo e traxectoria. Rivera Capón, que entregou catro dos catorce galardóns concedidos nesta 30ª edición, destacou que todos e todas os premiados “encarnan os mellores valores do deporte, como o esforzo, a constancia, a vontade de superación, o compañeirismo e o respecto aos demais. Uns valores que son tamén os que impulsan o movemento veciñal que promove este recoñecemento e que son máis necesarios ca nunca nestes tempos nos que a pandemia e o seu impacto social e económico nos volveu a poñer a proba”.

O Deputado subliñou neste sentido o “firme compromiso” da Deputación co deporte, que o Goberno reforzou un ano máis subindo as partidas económicas dedicadas a este eido nos Orzamentos do ano 2022 que vén de aprobar. Pablo Rivera lembrou que a institución aposta tanto polo deporte de base, “como elemento de integración, educación en valores e fomento da igualdade real entre nenos e nenas”, como polo deporte profesional e por consolidar á provincia de Lugo “como escenario de eventos deportivos con repercusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Neste tipo de probas, o deporte convértese nun bo elemento de promoción do noso territorio”.

Rivera Capón destacou que os premiados e premiadas na Gala do Deporte da Milagrosa contribúen “igualmente a esta promoción”, sendo “grandes embaixadores da provincia de Lugo, do talento e da valía cos que contamos”.
O Deputado agradeceu o traballo da Asociación de Veciños da Milagrosa, “que traballa día a día para impulsar o seu barrio e demostra que o movemento veciñal é un factor fundamental para o dinamismo das nosas vilas e das nosas cidades”.

0.087656021118164