A Deputación renova o patrocinio co Lugo por un importe 396.000 euros

LugoXa
O contrato mantén os acordos de anteriores tempadas nas que, ademais da imaxe institucional nas equipacións, inclúense actividades de promoción do deporte
patrocinio-deputación-cd-lugo
21 Aug 2024

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro e o presidente do CD Lugo Tino Saqués presentaron o contrato de patrocinio entre o club lucense e a institución provincial de cara á vindeira tempada, que comeza esta fin de semana, cun importe de 396.000 euros.

O contrato mantén os acordos de anteriores tempadas nas que, ademais da imaxe institucional nas equipacións, inclúense actividades de promoción do deporte en centros escolares e equipos base, dar visibilidade a asociacións e entidades sociais da provincia e a promoción do uso do galego dirixido aos lucenses.

Castro destacou a importancia deste acordo que “cun obxectivo común co club e os seareiras e seareiros para conseguir voltar á segunda división, coa dificultade que iso ten. Por esta razón decidimos aumentar o patrocinio e dar un forte impulso para seguir medrando xuntos”.

Ademais engadiu que se trata dun acordo que apoia a todos os niveis do club “tamén á canteira e ao equipo da Liga Genuine, que é un exemplo para avanzar na integración”. Efrén Castro desexou ao todo o CD moita sorte e forza para a tempada que comeza e animou á veciñanza a achegarse a desfrutar do deporte no Anxo Carro e de todos os equipos, tanto masculinos como femininos, dende as categorías base.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18552684783936