A Deputación renova o seu convenio coa Asociación Músico Crisanto

LugoXa | TerraChaXa
A escola une en Baamonde aos concellos de Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Friol
escola-musico-crisanto
21 Jan 2025

A deputada Iria Castro visitou a escola da Asociación Músico Crisanto, un proxecto de ensinanza musical que une os concellos de Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Friol e que conta cunha 300 alumnas e alumnos.

Durante o encontro, a responsable provincial coñeceu as súas instalacións en Baamonde e conversou coa directiva da asociación e con integrantes da banda infantil, a formación máis nova da asociación.

Iria Castro valorou “a consolidación do proxecto a través dunha formula mancomunada entre os concellos, que vén recibindo apoio continuado por parte da Vicepresidencia da Deputación ao longo destes anos” e subliñou “a importancia de iniciativas que pulen por ofrecer as nenas e nenos dos concellos rurais os mesmos servizos e oportunidades que poderían ter na cidade, neste caso cunha formación musical de calidade e cunha oferta variada”.

A área de Cultura, que vén colaborando de xeito estable coa entidade, renova neste ano 2025 o seu apoio ao proxecto cunha achega de 28.000 euros, destinados a gastos relacionados coa actividade formativa.

0.16567182540894