A Deputación reparte máis exemplares do libro 'Os Bolechas van da Escola á Granxa'

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Nova entrega do libro “Os Bolechas van da Escola á Granxa”, que chegará tamén a bibliotecas municipais e centros escolares
granxa escola libro bolechas
23 Jun 2023

A segunda edición do programa Da Escola á Granxa volverá ter a súa versión en papel, cunha nova entrega do libro Os Bolechas van da escola á granxa, na que os personaxes creados por Pepe Barreiro visitan as vintenove granxas e pequenas producións alimentarias que participan no programa da Medio Rural da Deputación.

O libro desenvolve de xeito didáctico os obxectivos do programa, amosando aos máis pequenos e pequenas o papel fundamental que o sector primario ten na produción de alimentos e no mantemento da biodiversidade do territorio e da paisaxe. Os Bolechas comparten protagonismo cos granxeiros e granxeiras que participan no programa, a quen o debuxante Pepe Barreiro converteu nuns personaxes máis dese universo infantil.

A publicación repartirase entre os nenos e nenas que participen nas máis de 100 visitas a granxas e obradoiros de divulgación ambiental previstas na segunda edición do programa Da Escola á Granxa. Como novidade, este ano distribuiranse tamén entre as bibliotecas municipais e de centros escolares públicos de toda a provincia.

Ao longo do libro, Os Bolechas aprenden sobre as orixes agricultura e da gandeiría como actividades humanas, da evolución dos utensilios de labranza, da pegada destas actividades na paisaxe e na cultura para logo visitar cada unha das granxas que participan no programa Da Escola á Granxa e coñecer como coidan os animais e cultivan e elaboran os alimentos.

Así, visitan A Casa Labradela de Xove, Galletas Daveiga de Chantada, Fraga do Coto de Vilalba, Fundación Terreo da Ribeira de Piquín, Gandería Alejandro Salvatierra de A Pontenova, Gandería Quintián do Páramo, Gandería Lois Varela de Palas de Rei, Granxa Aeiroá de Láncara, SAT Lodos e Pérez de A Pastoriza, SAT O Palomar de Láncara,Traloagro de Friol, Airas Moniz de Chantada, Arqueixal de Palas de Rei, Cooperativa A Carqueixa de Navia de Suarna, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Sen Máis – As Vacas de Ulloa de Palas de Rei, Terras da Mariña – IXP Faba de Lourenzá, Tropic Gaia de Xove, Caurelor de Quiroga, A Casa da Fonte de Pantón, Avicava Natur de Guntín, Casa Bértolo de Friol, Champivil, El País del Abeyeiro de Negueira, Granxa da Caldaloba de Cospeito, Granxa Teixeiro e Pistón de Becerreá, Milhulloa de Palas de Rei, Pazo de Vilane de Antas de Ulla e o Muvicla de Láncara.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18512511253357