A Deputación saca a contratación para a rehabilitación e mellora da fachada do Pazo de San Marcos
A Xunta de Goberno acordou volver a sacar a contratación a través dun procedemento negociado sen publicidade, as obras de rehabilitación e mellora da fachada do Pazo de San Marcos, despois de que o proceso aberto de licitación xa convocado quedase deserto. As obras contan cun orzamento base de licitación de 120.000€ e cun prazo de execución de 3 meses.
A voceira socialista do Goberno lembrou que estas melloras consistirán na limpeza da fachada e da súa mampostería, o saneamento de fisuras e grietas, a eliminación de humidades e de filtracións de auga e o pintado das paredes. Tamén se colocarán na fachada unhas letras en aceiro pintado co texto Deputación Provincial de Lugo, que xa existían antes da remodelación da Praza de San Marcos.
García Porto destacou que “con todas estas actuacións, ademais de garantir a conservación da sede provincial, tamén contribuiremos a darlle unha maior prestancia a este edificio histórico, que é emblemático no conxunto do patrimonio monumental da cidade e da provincia de Lugo”.
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación do contrato para a prestación de servizos de colaboración coa intervención provincial no exercicio de actuacións de control financieiro en materia de subvencións, dentro do Plan Anual de Control Financieiro.