A Deputación solicitou axudas para a mellora do teitado das pallozas do Piornedo

LugoXa
La Diputación de Lugo solicitará fondos europeos para mejorar el techo de las pallozas de O Piornedo por un valor de 91.000 euros.
teito palloza piornedo
13 Mar 2022

A Deputación de Lugo decidiu concorrer á liña de axudas convocada con fondos da Unión Europea especificamente destinados aos órganos xestores das Reservas da Biosfera presentando un total de 26 proxectos valorados en máis de 1 millón de euros para a conservación e mellora dos dous territorios protexidos pola UNESCO dos que é xestora, Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. A Administración autonómica fai esta convocatoria con recursos procedentes do Programa de Recuperación, Transformación e Resiliencia acadados polo Goberno de España para a saída da crise provocada pola pandemia.

A mellora do teitado das pallozas do Piornedo, en Cervantes, con palla de centeo nos anos 2022 e 2023 é unha das actuacións destacadas para as que a institución provincial pediu fondos europeos, en concreto, 91.000 euros.

Entre as propostas para a Reserva da Biosfera dos Ancares a Deputación tamén inclúe unha actuación de mellora dos soutos, que dá continuidade ao proxecto de recuperación e posta en valor de plantacións de castaños impulsado pola institución provincial que foi premiado na Copa España Creativa. A institución solicita máis de 200.000 euros para desenvolver os traballos nos montes comunais de Vilaver e Donís, en Cervantes, e de Vilor, en Navia de Suarna.

A institución provincial contempla tamén a certificación Starlight para o territorio da Reserva da Biosfera dos Ancares e a mellora da sinalización de patrimonio cultural e recursos turísticos, como a Vía Romana XIX, o Castro de Santa María, en Becerreá, ou as Mámoas de Oural, Pena dos Mouros ou de Restelo, entre outros.

Polo que respecta á Reserva da Biosfera Terras do Miño, os proxectos para os que a Deputación de Lugo solicita fondos europeos céntranse principalmente na conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais con melloras e a eliminación de especies invasoras. Neste caso, cun presuposto estimado que supera os 400.000€, a institución pide recursos para actuar na contorna da Lagoa de Caque, das Insusas do Miño, dos Ollos de Begonte e tamén en diferentes tramos dos ríos.

Así mesmo, inclúe o deseño e execución do proxecto museolóxico e museográfico do Mazo de Santa Comba. Neste caso está proxectada a mellora da cartelería e a instalación de novos paneis, ademais da reparación dos solos e muros, cun orzamento aproximado de preto de 90.000 euros.

CAMPUS DE EMPRENDEMENTOS SOSTIBLE
Os proxectos presentados pola Deputación de Lugo para esta convocatoria de fondos europeos contemplan tamén a realización dun campus de emprendemento sostible para centros educativos e campus en aberto nas dúas Reservas coa finalidade de coñecer estes espazos naturais xestionados pola institución provincial.

0.18346905708313