A Deputación urxirá á Xunta a reparar o firme nas rotondas da Campiña e Nadela
LugoXa
O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade a moción do BNG na que se pedía urxir á Xunta a que arranxe as rotondas de entrada a Lugo
31 Maio 2022
O pleno da Deputación urxirá ao Estado a reparar as rotondas da Campiña e Nadela. O Bloque Nacionalista Galego foi quen elevou esa moción á sesión para expoñer o “lamentable” estado do pavimento en dous dos principais accesos á cidade de Lugo.
O grupo nacionalista acadaba así o apoio unánime da corporación para reclamar ao Estado o acondicionamente “urxente” do firme nestas entradas a Lugo que, nalgúns casos, faise “instransitable nalgún dos carrís”.
Ademáis, os nacionalistas resaltaron o deterioro dos carris que “avanza día a día polo volume de tráfico destas vías” que, lembrou a formación, son de uso habitual para a veciñanza de distintas comarcas.