A Despensa do Saa acollerá a presentación da novela 'Detrás del rellano. Capotados'

LugoXa
O escritor Miguel del Castillo Ferrero dará a coñecer a súa obra de ciencia ficción o 6 de decembro na taberna cultural de Saa
libro-Miguel-del-Castillo-Ferrero
5 Dec 2025

A taberna cultural A Despensa do Saa converterase o 6 de decembro no escenario da presentación de Detrás del rellano. Capotados, a nova novela de ciencia ficción do autor Miguel del Castillo Ferrero.

O escritor compartirá co público as claves dunha obra que se afasta dos tópicos tradicionais do xénero. Del Castillo Ferrero explica que no seu libro non aparecen alieníxenas, senón “humanoides coma nós”, creados nun mundo onde a vida xorde da auga.

Engade que nese universo tamén existen “ribeiras tropicais onde os hipopótamos pacen placidamente”, aínda que lembra que “non hai exoplaneta civilizado libre de contrariedades”. O autor resume ese panorama a través de catro pilares morais que definen a sociedade imaxinada: “o manicomio, a cárcere, a expropiación e a enfermidade orgánica”.

Na obra tamén reflexiona sobre o poder no ciberespazo, onde “os xuíces, adornados cunha capa simbólica, exercen unha autoridade inconfundible na vida delimitada desa contorna virtual”.

⚙ Configurar cookies
0.080128908157349