A directiva do motoclub Jabatos Bravíos foi recibida no Concello de Lugo
A directiva do motoclub Jabatos Bravíos foi recibida no Concello de Lugo para falar sobre futuros proxectos que involucran o motor e outras actividades pensadas para dinamizar a cidade.
Durante o encontro, a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, destacaron a importancia de promover eventos que impulsen o turismo e a identidade de Lugo como un destino cultural e deportivo.
Un dos proxectos máis destacados é a organización dunha concentración motera prevista para finais de agosto de 2025. Este evento busca converterse nun referente no ámbito do motor, atraendo a numerosos visitantes e reforzando a imaxe de Lugo como cidade activa e dinamizada por actividades deportivas de gran calado.
A rexedora mostrou o seu agradecemento polo compromiso do motoclub coa organización de eventos que unen paixón, convivencia e dinamismo, e reafirmou o apoio do Goberno local a proxectos que fortalezcan a identidade de Lugo como un lugar acolledor e cheo de actividades que favorezan a súa visibilidade.