A EASD Ramón Falcón celebra o seu 50 aniversario
A EASD Ramón Falcón celebra ao longo deste ano 2023 o seu cincuenta aniversario, con varios anos de atraso por mor da Covid-19, que deu comezo coa inauguración dunha gran exposición nas instalacións do Vello Cárcere.
A mostra Cabeza, man, corazón estará dispoñible para visitar ata o vindeiro 30 de abril e recolle o traballo de profesionais do ámbito artístico e do deseño que recibiron a súa formación na escola ao longo destes cincuenta anos de historia. Co azul como protagonista o nexo de unión, está exposición alberga traballos das diferentes especialidades que acolle a escola como cerámica, fotografía, serigrafía ou deseño gráfico.
A escola continuará ca celebración do aniversario cunha serie de eventos festivos e culturais que terán lugar nos vindeiros meses e entre os que se atopa a inauguración doutra exposición na Capela de Santa María o vindeiro 14 de abril, un acto destinado a comunidade educativa.