A EPS do Campus Terra acollerá o VII Simposio da Castaña

LugoXa
O VII Simposio da Castaña cita na EPS de Enxeñaría do Campus Terra máis de 100 investigadores internacionais
escola politécnica lugo 2
25 Xuño 2023

Autoridades académicas e políticas inauguran este luns, ás 10.00 horas, o encontro da Sociedade Internacional de Ciencias Hortícolas, no que participan máis de cen persoas.

O VII Simposio da Castaña, un foro de análise e debate das últimas liñas de I+D e propostas de innovación arredor desta especie forestal promovido pola Sociedade Internacional de Ciencias Hortícolas (ISHS), bota a andar este luns 26 de xuño, a partir das 10.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus Terra da USC, onde se darán cita máis dun centenar d expertos e investigadores internacionais.

O subdirector da EPSE Emilio Carral Vilariño presidirá a sesión de apertura deste foro internacional, un acto no que tamén intervirán o coordinador do congreso e catedrático na EPSE, Santiago Pereira Lorenzo; o director Xeral de Planificación Forestal da Xunta de Galicia, José Luis Chan, e o presidente do Grupo da Castaña da Sociedade Internacional de Ciencias Hortícolas (ISHS) e investigador da Universidade Trás-os-Montes e Alto Douro José Gomes Laranjo.

A presidenta da División de Froitos Secos (DNUT, polas súas siglas en inglés) da ISHS e investigadora da Universidade de California Giulia Marino, abrirá de seguido a quenda de relatorios desta nova edición dun encontro internacional que recala en Galicia un cuarto de século despois do seu nacemento en Estados Unidos, e tras as anteriores edicións desenvolvidas en Francia (1998) Portugal (2004), China (2008), Estados Unidos (2012) e Turquía (2014).

Alén do amplo abano de conferencias e da presentación de diversas comunicacións para o intercambio de ideas e investigacións sobre a castaña e o castiñeiro, o programa deste simposio permitirá ás persoas inscritas visitar castiñeiros e contornas naturais de especial relevancia, entre elas as árbores xigantes, no Courel e tamén nos viveiros de castiñeiros de que dispón Tragsa en Ourense.

0.20198893547058