A EPSE achega as titulacións STEM ás estudantes a través dunha decena de obradoiros

LugoXa
O centro universitario do Campus Terra organiza este martes unha decena de obradoiros divulgativos sobre temáticas relacionadas cos títulos de grao e mestrado que imparte, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia A Escola Politécnica de Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC celebra este martes obradoiros divulgativos sobre temáticas e disciplinas relacionadas cos seus títulos e grao e mestrado, no marco da iniciativa ‘Protagonistas, as enxeñeiras’, un evento promovido pola Comisión de Igualdade de Xénero do centro co gallo do Día Internacional da Muller da Nena da Ciencia e a través do que se pretende achegar as titulacións de carácter científico e tecnolóxico (STEM, nas súas siglas en inglés) ás rapazas que están a cursar estudos de ensino medio en centros educativos de Lugo.
6 Feb 2024

O centro universitario do Campus Terra organiza este martes unha decena de obradoiros divulgativos sobre temáticas relacionadas cos títulos de grao e mestrado que imparte, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

A Escola Politécnica de Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC celebra este martes obradoiros divulgativos sobre temáticas e disciplinas relacionadas cos seus títulos e grao e mestrado, no marco da iniciativa ‘Protagonistas, as enxeñeiras’, un evento promovido pola Comisión de Igualdade de Xénero do centro co gallo do Día Internacional da Muller da Nena da Ciencia e a través do que se pretende achegar as titulacións de carácter científico e tecnolóxico (STEM, nas súas siglas en inglés) ás rapazas que están a cursar estudos de ensino medio en centros educativos de Lugo.

A incorporación de máis mozas aos estudos de enxeñaría, tanto no que se refire a enxeñarías agrícolas e agroalimentarias, forestais e do medio natural, enxeñaría civil, enxeñaría de Montes, así como de calquera outra disciplina universitaria de carácter científico e tecnolóxico, antóllase como algo necesario para garantir que a muller goce dunha presenza e sexa protagonista en situación de igualdade respecto dos homes na sociedade tecnolóxica que está por vir. Esta realidade aínda se fai máis urxente na actualidade en España, onde, alén da falta de referentes femininas, a porcentaxe de mulleres que están a completar estudos de enxeñaría e ou tecnoloxía apenas representa o 13%.

O programa de actividades deseñado desde a EPSE co apoio do Campus Terra da USC e do Concello de Lugo inclúe preto dunha decena de obradoiros, que se desenvolverán en quenda de mañá, de 11.30 a 14.00 horas. O abano de talleres que poderá elixir o alumnado participante inclúe propostas de impresión 3D, voo de drons, novas pontes entre a enxeñaría e o cancro, ‘Micro Aliens contra pragas’, esqueleto de edificios, ciclo hidrolóxico, escaneado 3D dun bosque, desenvolvemento de produtos de madeira estrutural ou actividades arredor da velocidade.

Os obradoiros, de participación libre e gratuítos en función das preferencias da mocidade, estará impartidos por persoal docente e investigador da EPSE, un colectivo integramente feminino do que forman parte Cecilia Alonso, Beatriz Blanco, Cristina Cabaleiro, Adriana Conde, María Belén Feijoo, María Elena Fernández, María Dolores Fernández, María da Luz Gil Docampo, María José López Villar, María Portela, María Flora Romay, Ana Daría Ruiz, Mónica Ruy, Patricia Eva Tato del Valle, María Teresa Teijeiro e Montserrat Valcárcel.

0.19952702522278