A escaleira exhumada no cubo XVIII da Muralla de Lugo será protexida e quedará á vista

LugoXa
Ademais de revelar a estrutura da escaleira, a intervención tamén documentou unha columna estratigráfica alterada desde o século XVIII
investigacion-arqueoloxica-no-cubo-XVIII-da-Muralla-de-Lugo
19 Jun 2025

A escaleira exhumada no cubo XVIII da Muralla de Lugo será protexida e quedará á vista como parte dos traballos de restauración, conservación e investigación arqueolóxica que a Xunta de Galicia está a piques de rematar neste tramo do monumento romano.

A intervención culminará coa posta en valor deste elemento singular, que presenta características únicas como o uso predominante de granito -combinado con lousa-, unha bocana máis estreita e diverxente e chanzos con dimensións variables.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que a escaleira quedará descuberta e protexida cunha varanda metálica semellante á xa instalada no cubo XIX. Arias supervisou os traballos realizados neste punto da Ronda, fronte á Subdelegación de Defensa, onde se escavou ata alcanzar a cota orixinal romana e se efectuaron sondaxes para estudar a cimentación do muro.

Ademais de revelar a estrutura da escaleira, a intervención tamén documentou unha columna estratigráfica alterada desde o século XVIII, cando o Concello outorgaba “foros” que permitían construír entre as torres. A intervención completarase agora con análises como datacións por Carbono 14, estudos de morteiros con luminescencia e tarefas de consolidación a cargo do equipo de restauración.

⚙ Configurar cookies
0.16046190261841