A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo recibe un premio nacional por un proxecto educativo

LugoXa
O recoñecemento distingue a iniciativa “As que contan” nos I Premios Nacionais a Experiencias Educativas que fomentan a Competencia Dixital
Premios-EASD-Lugo
6 Mar 2026

A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo foi distinguida cun premio nos I Premios Nacionais a Experiencias Educativas que fomentan a Competencia Dixital (2025), convocados polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. O galardón recoñece o proxecto “As que contan”, desenvolvido no centro lucense.

O pasado 2 de marzo, as profesoras Natalia Crecente García, Carmen Porteiro Sánchez, Faína Manchón González, Sara Costa Muñoz, Nilo Arias Pérez e Marta Cancio Méndez recolleron o premio en representación do equipo docente implicado na iniciativa. No recoñecemento tamén participaron as súas compañeiras Eva Valle Legido, Marieta Ríos Peleteiro e Noemi Otamendi Corrales.

A cerimonia de entrega foi retransmitida a través da canle oficial de YouTube do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF), organismo dependente do Ministerio de Educación.

Detrás deste proxecto educativo atópase o traballo de máis de 100 estudantes do centro, que participaron na iniciativa xunto ao profesorado. O proxecto combina creatividade, colaboración e compromiso co desenvolvemento de competencias dixitais no ámbito educativo.

0.12110686302185