A Escola de Idiomas de Lugo organiza un faladoiro feminista da man da activista Lourdes Rodríguez
LugoXa
A Escola de Idiomas de Lugo ofrece este xoves un faladoiro sobre feminismo para avanzar na procura da igualdade coa activista feminista galega Lourdes Rodríguez e a coordinadora de Igualdade do centro Isabel Paños.
5 Mar 2024

A actividade, que terá lugar na biblioteca a partir das 18.00 horas como parte do programa do 8M Día Internacional da Muller, é de carácter gratuíto e estará aberta a todo o que se queira achegar.