A Escola de Idiomas de Lugo organiza unha nova edición do Concurso Bookface
Comeza unha nova edición do Concurso Bookface na biblioteca da Escola de Idiomas de Lugo. Entre o 18 de marzo e o 14 de abril os interesados en participar poden enviar as súas fotografías artísticas con portadas de libros a eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal.
As dúas persoas máis valoradas na votación final recibirán un agasallo na semana do Día Internacional do Libro e os Dereitos de Autor.