A Escola de Karate Dajankai logra sete medallas na Liga Galega celebrada en Ferrol

LugoXa
O club participou coa presenza de oito deportistas nunha xornada con máis de 700 competidores de toda Galicia
Escola-de-Karate-Dajankai-Lugo
22 Dec 2025

A Escola de Karate Dajankai participou esta fin de semana na segunda xornada da Liga Galega de Karate, celebrada en Ferrol, cun equipo integrado por oito deportistas que competiron nas modalidades de kata e kumite. Xunto aos karatecas tamén se desprazaron dous coach do club e un árbitro, que desempeñou funcións como subdirector de arbitraxe durante o desenvolvemento da competición.

O balance final da participación foi de sete medallas, distribuídas en un ouro, tres pratas e tres bronces, nunha xornada marcada polo alto nivel competitivo e pola boa actuación conxunta do equipo de Dajankai. A cita reuniu a un total de 720 competidores procedentes de distintos puntos da xeografía galega.

A presenza nesta xornada ligueira permitiu ao club seguir acumulando experiencia e reforzar o traballo que se vén desenvolvendo ao longo da tempada. Con este campionato péchase o ano competitivo no calendario de trofeos, coa vista posta xa na Liga Nacional, que retomará a actividade o terceiro fin de semana de xaneiro na localidade de Valdepeñas.

⚙ Configurar cookies
0.084084033966064