A Escola de Música de Guntín abre o prazo de matrícula para o curso 2025-2026

LugoXa
A oferta inclúe clases a partir dos 7 anos sen requirir coñecementos previos, con opción de participar na banda, coral, coro xuvenil ou grupo de batucada
concello-guntin
10 Sep 2025

A Escola de Música de Guntín acaba de abrir o prazo de matrícula para o curso 2025-2026, cuxas clases comezarán o vindeiro 1 de outubro. A programación está dirixida a persoas a partir dos 7 anos de idade e non require experiencia musical previa.

As persoas interesadas poderán inscribirse en diferentes modalidades formativas e artísticas, entre as que se inclúen a propia Escola de Música, o Grupo de Adultos, a Banda de Música, a Coral, o Coro Xuvenil e tamén un grupo de Batucada.

Con esta ampla oferta, o Concello de Guntín reforza a súa aposta pola formación musical e pola dinamización cultural, facilitando que veciños e veciñas de todas as idades poidan achegarse á música e formar parte de agrupacións colectivas que enriquecen a vida cultural do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.16874313354492