A Escola de Música de Lugo abre o prazo para o vindeiro curso

LugoXa
A escola ofertará neste curso clases de Clarinete, Saxofón, Gaita, Fagote, Trompa, Trompeta, Trombón, Bombardino e Tuba, Percusión e Piano
escola_musica_lugo
Escola de música de Lugo
15 Maio 2024

Está aberto o prazo de solicitude de prazas para a Escola Municipal de Música para o curso 2024-2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro afirmou que o centro "garante que todas as persoas poidan entrar no mundo da Música independentemente do seu poder adquisitivo", e destacou a "ampla oferta formativa".

A escola ofertará neste curso clases de Clarinete, Saxofón, Gaita, Fagote, Trompa, Trompeta, Trombón, Bombardino e Tuba, Percusión e Piano, que terán unha duración de 30 minutos e serán individuais ou de 60 minutos comartidas. No bloque B ofertarase tamén Música e Movemento, para nados no ano 2019 e 2020, Formación Básica, grupo 1 para nados en 2018 e grupo 2 para nados en 2017, e o curso 1 de Linguaxe Musical, para nados entre 2009 e 2016, xunto cos cursos 2 a 6 de Linguaxe Musical para nados entre 2009 e 2015 e todos os cursos para adultos.

As persoas interesadas poden presentar a documentación requirida ata o vindeiro 7 de xuño, preferentemente por medios telemáticos, no rexistro xeral do Concello, ou de maneira presencial solicitando cita previa no 982 297 350 nos rexistros do Concello ou da propia Escola, ademais de poder presentarse nos rexistros de outras administracións.

 

 

0.19548583030701