A Escola Deportiva Shihan destaca na Liga Nacional de Karate

Esta fin de semana, a Escola Deportiva Shihan participou na liga Nacional de Karate nas categorías Cadete e Senior con cinco deportistas, logrando destacadas posicións.
Roque Mazoy obtivo un meritorio 5.º posto en Kumite Senior, mentres que David Enriquez alcanzou a 7.ª posición en Kumite Cadete. Ambos realizaron un campionato espectacular, quedando moi preto do podio nunha competición con numerosos participantes e un nivel altísimo.
Ademais, felicitan a Uxía Folgueira, Pedro Buide e Marta Martínez polo seu excelente traballo durante a competición, demostrando esforzo e dedicación.
A Escola Deportiva Shihan segue consolidándose como un referente no karate, destacando polo talento e entrega dos seus deportistas.