A Escola Deportiva Shihan destaca no Campionato Galego Absoluto e de Clubs

LugoXa
O resultado foi sobresaliente, logrando un total de 31 medallas, consolidándose unha vez máis no máis alto do medalleiro galego
Escuela-Shihan-Lugo-Chantada-2025
10 Feb 2025

A Escola Deportiva Shihan participou en Chantada no Campionato Galego Absoluto e de Clubs, onde destacou cunha impresionante actuación. Durante a mañá, o club competiu nas modalidades individuais con 10 deportistas, mentres que pola tarde acudiron con 112 competidores na modalidade por equipos. A representación do equipo abarcou todas as categorías e ambas disciplinas, Kata e Kumite.

O resultado foi sobresaínte, logrando un total de 31 medallas, consolidándose unha vez máis no máis alto do medalleiro galego. Nesta edición, a Escola Deportiva Shihan obtivo 7 medallas de ouro, 9 de prata e 15 de bronce.

As medallas de ouro foron para Marta Martínez en Kata Sénior, Noelia Cortiñas en Kata Veteranas 1, Anie, Andre e Lorena en Kata Benxamín Mixto, Carla, Nuria e Zoe en Kata Xuvenil Mixto, Noa, Samu e Jairo en Kata Júnior Mixto, Paula, Noe e Marta en Kata Sénior Mixto, e Ángela, Jacobo, Dani e Aroa en Kumite Infantil Mixto.

Os subcampionatos e medallas de prata foron conseguidos por Pablo, Flavia e Antía en Kata Júnior Mixto, Dani, Juan e Marcos en Kata Sénior Mixto, Paula Mazoy en Kata Sénior, Roque Mazoy en Kumite Sénior <67 kg, Daniela, Rodrigo e Martín en Kata Benxamín Mixto, Candela, Helena e Jacobo en Kata Alevín Mixto, Iria, Ángela e Dani en Kata Infantil Mixto, Alba, Nayla e María en Kata Cadete Mixto e Samu, Pedro, Raúl e David en Kumite Cadete-Júnior.

O bronce foi obtido por Valeria, Telmo e Mateo en Kata Benxamín Mixto, Zeltia, Aroa e Adri en Kata Infantil Mixto, María, Mateo e Mencía en Kata Xuvenil Mixto, Mateo, Yoel e Raúl en Kata Cadete Mixto, Noa, Irea e Lucía en Kata Júnior Mixto, Juan Viade en Kata Sénior, Eva Anido en Kata Veteranas 1, Paula Vilariño en Kata Veteranas 2, Sonia Vázquez en Kata Veteranas 2, Alejandro Osorio en Kumite Sénior <84 kg, Dylan, Sebas, Carmen e Santi en Kumite Alevín Mixto, Iria, Adri e Lucas en Kumite Infantil Mixto, Nuria, Alex, Carla e Leo en Kumite Xuvenil Mixto, Noa, Uxía e Nayla en Kumite Cadete-Júnior e Naiara, Elena, Irea e María en Kumite Cadete-Júnior.

Con este magnífico desempeño, a Escola Deportiva Shihan reafirma o seu liderado no ámbito do karate galego, demostrando o gran nivel dos seus deportistas en cada competición.

0.14764094352722