A Escola Deportiva Shihan domina o medalleiro no Campionato Galego Infantil e Copa Cadete

LugoXa
Un ano máis, a escola lucense situouse ao máis alto do medalleiro autonómico, sumando un total de 28 medallas
Escola-Deportiva-Shihan-Lugo-Campionato-Galego-Santiago-26
17 Mar 2026

A Escola Deportiva Shihan de Lugo protagonizou unha xornada histórica en Santiago de Compostela ao participar no Campionato Galego Infantil e na Copa Cadete, clasificatorio para o Campionato de España que este ano se celebrará en Oviedo.

Un ano máis, a escola lucense situouse ao máis alto do medalleiro autonómico, sumando un total de 28 medallas: 10 medallas de ouro, 7 medallas de prata e 11 medallas de bronce.

O alumnado contou co acompañamento de catro coach ao longo dunha intensa xornada: Adrián Yáñez, Daniel Rodríguez, María Martín e Christian Veiga, que supervisaron a preparación e o desenvolvemento das competicións.

As medallas de ouro foron para Valeria Rubal en Kata Benxamín, Ian Pulido en Kata Alevín D.Int K23, Xoán Rosa en Kata Alevín S.R.K30, Iker Ranero en Kata Cadete D.Int K23.2, Iria Enríquez en Kata Xuvenil, María Cendan en Kata Cadete, Carmen Cendán en Kumite Infantil -30 kg, Iria Enríquez en Kumite Xuvenil -37 kg, Daniel Aldeanueva en Kumite Xuvenil -35 kg e Nuria Iglesias en Kumite Cadete -54 kg.

As medallas de prata foron para Gael Gayoso en Kata Alevín D.Int K23, Ángela Buide en Kata Xuvenil, Andre Castro en Kumite Alevín -28 kg, Candela Parzani en Kumite Infantil -36 kg, Ángela Buide en Kumite Xuvenil -47 kg, Adrián Liz en Kumite Xuvenil -55 kg e María Cendán en Kumite Cadete -47 kg.

E as medallas de bronce foron para Raúl Fernández en Kata Benxamín, Erika García en Kata Alevín, Zoe Otero en Kata Xuvenil, Carla Pérez en Kata Cadete, Mencía Vilas en Kata Cadete, Vega Coto en Kumite Alevín +32 kg, Lucas Aulkmeier en Kumite Infantil -35 kg, Santiago Grandío en Kumite Alevín +34 kg, Carla Pérez en Kumite Cadete -47 kg, Leo Aulkmeier en Kumite Cadete -57 kg e Alex Díaz en Kumite Cadete -70 kg.

Ademais, varios participantes lograron cuartos e quintos postos, demostrando o gran nivel competitivo da Escola Deportiva Shihan en todas as categorías.

0.12302803993225