A Escola Deportiva Shihan participou no Campionato Galego Infantil de Santiago

Este sábado, Santiago de Compostela foi o escenario do Campionato Galego Infantil, onde a Escola Deportiva Shihan se destacou pola súa impresionante actuación, conseguindo un total de 10 ouros, 6 pratas e 12 bronces.
Un dos aspectos máis destacados desta edición foi a participación por primeira vez de dous nenos na modalidade de Para-Karate. Xoán Rosa e Iker Ranero, quen competiron en silla de rodas e na categoría de discapacidade intelectual, respectivamente, fixeron historia ao ser os primeiros en representar á Escola Deportiva Shihan nesta modalidade dentro dun campionato infantil.
A Escola Deportiva Shihan continúa demostrando a súa calidade e compromiso co deporte inclusivo e de alto nivel, marcando un fito no karaté galego e ofrecendo un exemplo de esforzo e superación aos seus estudantes.