A Escola Deportiva Shihan pecha a tempada como mellor club de Galicia na Final da Liga Galega

Este fin de semana, deportistas da Escola Deportiva Shihan desprazáronse ata Soutomaior para disputar a Final da Liga Galega, onde volveron demostrar o seu alto nivel competitivo.
O club culminou a tempada converténdose, unha vez máis, no mellor de toda Galicia, cun balance extraordinario de 37 medallas, das cales 18 foron de ouro.
Ademais do destacado número de podios, os representantes da Shihan conseguiron tamén 12 títulos de grand winner, un recoñecemento que distingue aos mellores competidores da liga en cada categoría. Estes resultados consolidan á escola como unha referencia no panorama deportivo galego e como un exemplo de excelencia formativa e competitiva.