A Escola Deportiva Shihan triunfa en Xinzo de Limia cunha nova exhibición de medallas na Liga Galega

A Escola Deportiva Shihan volveu destacar este sábado na Terceira Xornada da Liga Galega celebrada en Xinzo de Limia, onde os seus deportistas acadaron un brillante resultado que os situou, unha vez máis, no máis alto do medalleiro autonómico.
O equipo logrou un total de 45 metais, cunha impresionante colleita de 19 medallas de ouro, 11 de prata e 15 de bronce, consolidando así a súa posición como un dos referentes do deporte galego.
A participación nesta competición reafirma a calidade e o compromiso da Escola Shihan co deporte de base e a formación deportiva.