A Escola Infantil Luís Soto Menor celebra o Entroido cunha festa para as nenas e nenos do barrio da Piringalla

LugoXa
A concelleira Iria Buide destaca o papel educativo e social das escolas infantís municipais
Escola-Infantil-Municipal-Luís-Soto-Menor-Lugo
13 Feb 2026

A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitou a Escola Infantil Luís Soto Menor, situada no barrio da Piringalla, para participar na festa de Entroido organizada para as nenas e nenos.

Durante a súa visita, Buide salientou o “importante papel” destas escolas no desenvolvemento harmónico e integral do alumnado, así como o seu labor de apoio á función educativa das familias, facilitando ao mesmo tempo o acceso dos pais e nais ao mundo laboral.

As escolas infantís municipais ofrecen un servizo integral con carácter social e educativo que abarca todas as dimensións da aprendizaxe dos máis pequenos, desde a motricidade e o control corporal, ata as primeiras manifestacións da comunicación e a linguaxe, as pautas básicas de convivencia, a relación social e o descubrimento do entorno inmediato. Este traballo realízase en estreita colaboración entre o ámbito escolar, a familia e o contorno físico.

Ademais, o compoñente asistencial destas escolas garante todos os coidados necesarios para os menores, incluíndo hixiene, limpeza, cambio de roupa, alimentación e atención á saúde, consolidando así un espazo que combina educación, socialización e atención integral.

⚙ Configurar cookies
0.084176063537598