A Escola Lucense de Tiro con Arco firma unha destacada actuación na Terceira Xornada da Liga Galega Individual

A Escola Lucense de Tiro con Arco participou na Terceira Xornada da Liga Galega Individual de Tiro con Arco ao aire libre.
A pesar de non contar con instalacións propias nin públicas onde poder adestrar e preparar este tipo de competicións, varios representantes do club desprazáronse ata Redondela para competir nas categorías LongBow Home (L+50H), Tradicional Home (T+50H) e Recurvo Home (R+50H), todas elas para maiores de 50 anos.
Tras lanzar as 72 frechas regulamentarias, José Ángel Otero Martínez, en LongBow +50H, conseguiu un magnífico 3º posto cun total de 399 puntos; mentres que Fon Villamiel, en Tradicional +50H, finalizou 8º con 418 puntos. Por último, José Luis López Jiménez, en Recurvo +50H, rematou no 14º posto con 462 puntos.
Estes resultados son de mérito extraordinario, tendo en conta as limitacións do club, que carece de instalacións propias ou cedidas para a práctica do tiro con arco na modalidade de aire libre. Así, os arqueiros da Escola Lucense basean a súa experiencia unicamente na participación en competicións oficiais coma esta.