A Escola Municipal de Teatro de Castro de Rei presenta a obra 'Un camiño meteórico'

LugoXa | TerraChaXa
Será este venres 27 de xuño, ás 23:00 horas, a Praza do Concello
teatro-un-camino-meteorico
26 Jun 2025

Este venres 27 de xuño, ás 23:00 horas, a Praza do Concello de Castro de Rei acollerá a estrea da obra Un camiño meteórico, unha nova produción da Escola Municipal de Teatro.

A peza conta cunha dramaturxia asinada por Lui Lu e Guillermo Cancelo, e será interpretada polo grupo Os Trocos, composto por alumnado da propia escola. A representación promete unha noite de teatro ao aire libre con moita creatividade, emoción e compromiso escénico.

O Concello de Castro de Rei convida a toda a veciñanza e visitantes a gozar desta actividade cultural que pon en valor o talento local e o traballo formativo da Escola Municipal de Teatro.

⚙ Configurar cookies
0.16610598564148