A Escola Politécnica Superior de Lugo, na rede estatal de Gravimetría Absoluta

LugoXa
O Instituto Xeográfico Nacional incorpora a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría á Rede Española de Gravimetría Absoluta
politécnica
7 Xul 2022

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) prevé incorporar de xeito inmediato á Rede Española de Gravimetría Absoluta (REGA) a Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, o escenario no que técnicos do IGN desenvolverán a partir do próximo luns observacións gravimétricas. Os traballos proxectados na sede universitaria luguesa polos técnicos do Instituto Xeográfico Nacional inclúen a instalación na EPS de Enxeñaría dun gravímetro permanente.

Os dispositivos empregados polo IGN para este tipo de observacións gravimétricas permiten replicar en gran medida o experimento científico desenvolvido por Galileo Galei na torre de Pisa. De feito, estes instrumentos observan a traxectoria descrita por unha masa en caída libre ao longo dunha cámara de baleiro. Estas medicións permiten obter incrementos de distancia, mediante un láser de helio-neón, e de tempo, a través dun reloxo automático de rubidio.

As observacións que integran a rede de estacións REGA serven como referencia de primeiro nivel para todos os axentes públicos ou privados que empregan la gravimetría para o desenvolvemento das súa actividade, ao tempo que ofrecen servizos a campos de estudo como da xeodesia, a xeofísica, a metroloxía e outras aplicación moi diversas, entre as que se inclúe a calibración de células de carga, a prospección de metais ou, entre outros, de combustibles fósiles.

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) conta cunha dilatada experiencia no estudo e observación da gravidade que se remonta xa a finais do século XIX, nos albores do nacemento deste organismo centrado na investigación sobre a gravidade dos corpos. De feito este fenómeno agocha a razón pola que os obxectos caen ao solo cando os
lanzamos e que explica por que as persoas non saímos disparadas ao espazo exterior cando damos un salto ou por que os elementos da superficie terrestre semella pegados.

De feito, Galileo xa advertiu nos seus experimentos a aceleración da gravidade, tal e como se coñece hoxe o efecto que a forza da gravidade imprime aos corpos. Esta
aceleración depende en gran medida da distribución de masas arredor do corpo en cuestión, polo que da súa observación pódese inferir información sobre o planeta Terra e, sobre todo, do que resulta imperceptible á vista.

0.16426801681519