A Escola Shantidi de Lugo xa está a organizar a súa Festa Solidaria
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse coa presidenta da Escola Shantidi, Teresa Vila, para interesarse polo labor que a ONG lucense está a desenvolver na India e abordar a colaboración do Goberno galego na vindeira edición da Festa Solidaria que organiza a entidade.
Esta gala solidaria anual desenvolverase na primavera no Círculo das Artes de Lugo, co obxectivo de recadar fondos para seguir sufragando proxectos de cooperación na India.
Javier Arias puxo en valor o traballo realizado pola Escola Shantidi, “a única cento por cento lucense”, que desde a súa fundación en 2016 “conseguiu tecer unha ampla rede de voluntariado en todo o país e sufragou multitude de proxectos humanitarios”, ademais de accións de visibilización.