A escola unitaria de Piñeira, na Fonsagrada, será reconvertida nun centro social

LugoXa
O Museo da Fonsagrada acolle mañá pola a inauguración dunha exposición sobre o camiño de Santiago e a presentación dun libro
18 Dec 2023

A escola unitaria da parroquia de Piñeira, no municipio da Fonsagrada, será reconvertida nun centro social. Así, o informou o Goberno local tras sinalar que nas vindeiras semanas comezarán coa primeira fase.

Estas obras que consistirán na renovación to tellada así como a mellora da fachada, farase gracias a unha axuda de 30.000 euros do GDR3 Montes e Vales Orientais.

"Agora mesmo a escola está en mal estado e o que pretendemos é amañar o tellado coa colocación de lousa e madeira do país, así como arranxar as fachadas para corrixir a inclinación", di o alcalde socialista da Fonsagrada, Carlos López López.

Espérase que tras estas tarefas de mellora veñan as seguintes de reforma integral interior, pero para as que necesitarán unha nova liña de axudas.

"A idea é amañar o interior do edificio noutra seguinte fase", di López, "a parte de abaixo será para o local social para dos veciños e despois xa se verá que podemos facer coa parte de arriba".

"Deberíamos ter rematada e certificada a obra antes de setembro 2024, pero esperemos que arredor dos seis meses xa estea finalizada", rematou dicindo López.

0.1331901550293